Skip to main content

«Desembarco galego no Kerouac de Nova York»

Os poetas galegos Fátima Delgado, Malvares, Lupita Hard e Le Voyeur viaxan á Gran Mazá para participar no festival de poesía, música e performance Kerouac, que celebra a súa sexta edición en Estados Unidos entre o 27 e o 30 de abril.

Unha ponte poética sobre o Atlántico, unha obra de enxeñería poética, unha mostra da poesía galega no centro do mundo” Así se autodefine o Festival Kerouac, que esta semana celebra a súa sexta edición na cidade de Nova York. Unha cita que naceu en Vigo en 2011 da man do poeta Marcos de la Fuente e a artista visual Vanesa Álvarez, e que agora se celebra en tres países, España, Estados Unidos e México, levando a poetas dun continente a outro e promocionando a cultura galega en América.

Tamén acudirá en representación galega Fátima Delgado, con dúas propostas de poesía escénica con música. A primeira é unha homenaxe ao seu tío Florencio Delgado, a quen se dedica o Día das Letras Galegas 2022 que conta con música de Babykatze. Ademais, presenta Ouveos, un show que xa levou ao Kerouac de Ciudad de México o pasado mes de febreiro.

Mar